Faltar ao traballo justificadamente entre 9 e 20 días en 2 meses por enfermidade, motivo de despedimento

Así se recolle na nova reforma laboral aprobada polo Goberno.
O artigo 52, letra d, do Estatuto dos Traballadores establece que se podería despedir por faltas xustificadas superiores ao 20% en dous meses ou ao 25% en catro meses.
Con todo, establecíase a condición de que o absentismo total do persoal debía superar o 2,5% nos mesmos periodos de tempo.
Co novo texto da reforma aprobada este venres esta condición elimínase, non sendo necesario para despedir a situación do resto do persoal.
Un traballador cunha quenda de luns a venres debe acudir ao seu traballo unhas 45 xornadas, polo que este 20% de faltas xustificadas non podería superar os 9 días.
Esta situación podería ser inconstitucional, xa que entra en conflito con varios artigos da Carta Magna, como o dereito á protección de saúde (Art. 43.1).
O artigo 52, d, do Estatuto dos Traballadores antes e logo da reforma.
As claves da reforma laboral de Rajoy.
O texto, no BOE (PDF).

Deixar un comentario