Non só en Ourense hai familias políticas, Fillos, irmáns e xenros explican algunhas hexemonías electorais locais

 

 

Aínda que Ourense é a provincia onde os lazos familiares condicionan máis o contexto político municipal, no resto de Galicia tamén hai exemplos de continuidade xenética nos consistorios, a miúdo bendicida polas urnas.

BARRO

Un matrimonio que sostivo a hexemonía política. O alcalde popular deste municipio pontevedrés, José Antonio Landín, tivo que deixar o seu cargo a mediados do mandato entre 1991 e 1995 a consecuencia dunha sentenza que o inhabilitaba por seis anos. E nos comicios do 95, a que se presentou candidata polo PP foi a súa esposa, María Teresa Roig. Gañou tamén por maioría absoluta. Ela anunciou nada máis tomar posesión que Landín ía ser o seu asesor. «É quen mellor me pode asesorar», dixo. E así ocorreu: foi contratado sen soldo. Tras os catro anos de mandato, Landín volveu concorrer ás municipais no 99, levándoa a ela na lista. Desde entón gañou tamén no 2003, 2007 e 2011. Ela segue sendo membro da corporación.

PREME AQUI PARA SABER TODA A NOVA…

Deixar un comentario