Di a tradición popular que os paxaros casan o 2 de febreiro, Día da Candelaria e
dos Humidais. E os nenos do colexio Amor Ruibal de Barro quixeron obsequiar ás aves cuns niños que eles mesmos fabricaron e colgaron das árbores nun xardín próximo ao centro. Foi
o seu agasallo de voda.
A actividade que realizaron forma parte do proxecto titulado Naturalmente competentes, co que participan no programa ambiental
Voz Natura que promove a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Os escolares de primeiro, de segundo e de terceiro curso de Ensino Primario elaboraron as casiñas dos paxaros con madeira e con cortiza de sobreiras e, segundo explicou o profesor coordinador dos traballos, Rafael Ruibal Pereira, se esmeraron moito. «Son case apartamentos de luxo o que lles fixeron».
En total, colocaron sobre corenta niños nas árbores, que se se se cumpre a crenza popular, as golondrinas xa os ocuparon, sobre todo coas temperaturas xélidas que temos estes días.
Os alumnos do colexio Amor Ruibal desenvolverán ao longo do ano outras
moitas actividades, entre elas o club de sendeirismo Mimi, a recuperación do seu río e a ampliación do invernadoiro que teñen no centro. E como actuacións máis novas celebrarán o Día do Troco (educación no consumo sostible). Colleitarán e plantarán sementes das árbores froiteiras que hai no seu Concello, para despois solicitar un terreo á Comunidade de Montes Veciñais no que trasplantarlas, creando unha eira botánica.
Tamén se ocuparán da fauna, mediante un traballo de investigación e catalogación das especies que hai en Barro. E para rematar, seguirán colaborando na conservación da súa contorna, en concreto, a limpeza do espazo natural da Barosa.
O programa ambiental Voz Natura, no que participan unha vintena de centros
educativos, asociacións e outras entidades da comarca de Pontevedra, conta co patrocinio das Consellerías de Medio Ambiente e Infraestruturas, de Medio Rural e de Mar, a Deputación Provincial da Coruña e as firmas Cabreiroá, Sogarisa e Bricor, ademais da Obra Social de Novacaixagalicia, Coca Cola e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña.