Diante da información publicada estes días sobre a intención do Concello de
cobrar o canon da feira, queremos facer algunhas aclaracións.
-O convenio entre o Concello de Barro e a empresa data do ano 2007, polo tanto está a piques de cumprirse o quinto ano do mesmo.
-Dito convenio eximía do pago do canon o primeiro ano, polo que en Marzo do 2008 terían que ter pagados os primeiros 12.000 euros (que sempre serían pagados ao comezo da anualidade).
-Ese convenio xa non ten validez, xa que a empresa nunca pagou dito canon, e
ese é un dos motivos expresos de anulación, pero ademais a vixencia do mesmo era de 4 anos, rematando en marzo do 2011, sen que tivera lugar unha prórroga do mesmo. Isto quere dicir que a feira se monta de forma irregular dende hai moito tempo.
-O feito de terse solicitado o cobro executivo do Oral é un brinde ao sol, pois se a empresa que aparece como asinante do convenio non ten bens ao seu nome, non hai de onde cobrarlle.
-Que o PP non ten interese en cobrarlle, nin en regularizar a situación, como leva anos denunciando o BNG, quedou claro coas xustificacións dadas polo alcalde no último pleno, onde nos recoñeceu que non quere incomodar a empresa organizadora porque son unha mafia.