Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125
do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica,
sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
— Solicitante: UNION FENOSA DISTRIBUCION SA.
— Enderezo Social: TRAVESÍA DE VIGO, 204, 36207 VIGO.
— Denominación: LMTA-LMTS, CT SAN ANTONIÑO.
— Situación: BARRO.
— Descricións Técnicas: LMT AÉREA A 20 KV CON CONDUCTOR TIPO LA-56 DE 47 METROS
DE LONXITUDE, CON ORIXE NO APOIO EXISTENTE E FINAL NO APOIO PROXECTADO HVH-1600/15 DO CAL CONTINÚA SUBTERRÁNEA, CON CONDUCTOR TIPO RHZ, 238 METROS FINALIZANDO NO CT PROXECTADO.—CENTRO DE TRANSFORMACIÓN DE 630 KVA, R.T. 20 KV/400-230 V, SITUADO EN SAN ANTONIÑO, BARRO.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta Xefatura Territorial, Ed. Administrativo Avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días.
Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 26 de decembro de 2011.—O xefe territoria l, Ignacio Rial Santomé.