JOSE SANMARTIN, NOVO SECRETARIO XERAL DO PSOE DE BARRO

O Partido Socialista de Barro renovou este domingo a sua executiva local nunha asemblea extraordinaria que proclamou a José Sanmartín como novo secretario xeral.

A candidatura encabezada por José Sanmartín foi aprobada por unanimidade por parte dos militantes, que tamen acordaron a creación de novas áreas.

A nova directiva queda integrada por José Sanmartín Soto, como secretario xeral e que tamén dirixirá a área de política municipal e urbanismo, Rocío Touriño Reboredo secretaria de organización, Luis Miguel Castro Pérez encargado da área de economía, María Margarita Canay Pintos na área de sanidade e asuntos sociais, Dolores Domínguez Prieto e María Jesús Lopez Barrera dirixirán a área de educación e igualdade, Silvia Torres Landín estará o frente da área de medio ambiente e medio rural, Patricio García Gómez, será o encargado da área de cultura, deporte e ocio e o comité de sabios estará integrado por José Luís Abal Couto, Carlos García Guimil e Julio César Constenla Fontán.

Na asemblea extraordinaria dos socialistas de Barro, celebrada na sua sede local en San Antoniño,  estiveron presentes a deputada Carmen Cajide e o secretario de organización provincial, Luis Piña, quen destacou o importante labor realizado dende hai un ano pola agrupación local de Barro, conseguindo dous concelleiros nas pasadas eleccións municipais e un destacado respaldo nas xerais a pesar do complicado contexto do socialismo español.

Pola súa banda, o novo secretario xeral do PSOE de Barro, José Sanmartín resaltou o compromiso da nova executiva para seguir traballando coa mesma ilusión e gañas e animou ós socialsitas galegos a traballar  polo consenso e a unidade a través do diálogo de portas para dentro.

Deixar un comentario