O Pazo Provincial de Pontevedra acolleu o acto de clausura e entrega de diplomas da terceira edición do Programa formativo “Actívate”. A entidade provincial destinou a esta iniciativa formativa cerca de 100.000 euros. Nesta ocasión alcanzouse unha participación de 1.177 alumnos/as que asistiron a un total de 73 cursos que foron impartidos perante os meses de Setembro, Outubro, Novembro e Decembro.
A iniciativa “Actívate” está dirixida a proporcionar ós xóvenes de entre 16 e 35 anos, unha serie de cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral, ademais de posibilitarlles acadar un maior enriquecemento cultural e persoal.
As acción formativas realizáronse en grupos de entre 15 e 30 alumnos, a excepción dos cursos de informática ou cociña que limitáronse a 20 participantes, para mellor desenvolvemento dos mesmos.
O presidente da Deputación salientou perante o acto de clausura o seu convencemento de que “estas accións formativas son imprescindibles para que unha parte moi importante da nosa poboación, os mozos e mozas, poidades adquirir novos coñecementos e ampliar o voso currículo”.
“Somos conscientes de que á difícil situación económica actual é moito máis complicada cando nos enfrontamos a un mercado de traballo altamente competitivo e a un entorno en proceso de cambio constante”, dixo o presidente quen asegurou que “sabemos que a actualización permanente é unha ferramenta imprescindible se queremos preservar a nosa capacidade de ser contratados”.
Así mesmo, para Louzán a formación “non é un gasto senón un investimento que permite ás persoas e organizacións seguir crecendo e a ser capaces de adaptarse ós cambios do entorno que afectan á nosa capacidade de reacción”.
O catálogo de cursos proposto, non foi deseñado ó azar senón que “tivemos moi en conta a etapa de restruturación actual e intentamos ofertar ese tipo de cursos que a sociedade demanda”, aseverou o máximo representante da institución quen felicitou e animou a todos os participantes a seguir formándose e traballando para acadar as súas metas e espectativas”.
