O colexio Cerdeiriñas de Piloño acollerá a próxima semana un concerto de
corais con motivo do Nadal. Un encontro que terá lugar ás 18.30 horas do sábado, día 17, organizado polo Orfeón Parroquial Nosa Señora de Vas de Piloño. Ademais dos anfitrións, que pecharán coa súa actuación o programa, participarán neste concerto a Coral San Pedro de Cumeiro, a Polifónica de Berres e a Polifónica de Barro. O Concello de Vila de Cruces e a Deputación colaboran coa celebración deste encontro musical no centro educativo de Piloño.
