A estrada que serve de alternativa interior á PO-308, a vía que enlaza
Pontevedra e Sanxenxo pola costa, está a piques de completar a súa mellora. A Deputación de Pontevedra deu conta onte da adxudicación do último tramo, co que os dous tramos:
Sanxenxo-Bordóns e Samieira-Bordóns quedaron completados. Agora só resta un pequeno segmento fronte ao colexio de Bordóns, segundo revelaron onte desde a Deputación, institución á que compete o mantemento da carrretera.
Esta vía, que é empregada por moitos condutores sobre todo no verán para evitar os atascos de praia, foi obxecto dun importante investimento para a súa mellora..
Trátase da procura de alternativas entre Pontevedra e Sanxenxo pola que apostou a Deputación ante a negativa de sucesivos gobernos autonómicos a acometer unha alternativa á PO-308. Dunha parte, ampliou o viario interior que bordea Sanxenxo con apoios cara á costa en Dorrón e Nanín. Doutra, ensanchou o viario entre Dorrón e o alto de Samieira, logo de ampliar o de Samieira á Escusa (Poio). Os proxectos do ente provincial pasaban por apoiar este viario no periférico Poio-Campañó e por darlle saída cara a Curro .