DÍA MUNDIAL DA SIDA.QUE É A SIDA?

O presidente de Lazos, Carlos Varela coordina unha campaña preventiva de sensibilización sobre a problemática do VIH. Denuncia que sufrimos un recorte do 30% en axudas institucionais para a prevención, iso supón que a calidade dos servizos baixou e pode implicar un aumento no número das novas infeccións. Carlos puntúa que un dos principais problemas é o atraso do diagnóstico, máis do 50% dos novos diagnósticos son tardíos, o paciente xa se atopa en fase de Sida, demanda unha maior asistencia sanitaria e implica un maior custo económico.

Lazos converteuse na primeira entidade galega que realiza gratuitamente as probas de detección precoz do VIH: Son probas anónimas, gratuitas e confidenciales, por iso vén un gran número de persoas que antes non acudían á sanidade pública por medo á perda de confidencialidad. Un estudo realizado en base aos seus resultados indica que as persoas máis afectadas son os homes que teñen sexo con outros homes, concretamente os traballadores sexuais.

Carlos Varela advirte ademais que máis dun 30% dos infectados non o saben, é moi importante concienciar á poboación sobre a importancia do sexo seguro xa que as prácticas de risco nas relacións sexuais producen o 90% das novas infeccións.

Deixar un comentario