QUERIDOS AMIGOS DE FACEBOOK: Quero comentarvos que onte se celebrou a X XUNTANZA DE CORAIS EN BARRO. Esta actividade realizouse na igrexa da Portela, que estaba abarrotada de xente, que disfrutou de catros corais espectaculares. A primeria en actuar foi A CORAL RENFE DE MONFORTE( LUGO), (que fixeron un esforzo grande vindo actuar despois de falecerlles recentemente a sua vicepresidenta), deseguido actuou a CORAL ABRENTE DA POBRA DO CARAMIÑAL ( A CORUÑA), seguida da CORAL CANTARES DO MIÑO DE VELLE ( OURENSE) e para rematar puxo a guinda a CORAL POLIFONICA DE BARRO. Na miña opinión fixeron un magnifico concerto con un repertorio moi ameno , que soaba a mil maravillas na igrexa de San Mamede da Portela. Eu era a primeira vez que ia a un concerto deste tipo, pero de seguro que repetirei. Os meus parabéns as catro corais e en especial, a CORAL de BARRO, organizadora do concerto. SAUDOS.
