Igrexa moderna, feita no século XVIII, por subscrición entre os vecinos. A torre é sen embargo, posterior, pois data de 1894.
Celebra a San Breixo o primeiro domingo de outubro.
Localízase na cima dunha colina, dominando o seu entorno. a súa beira o cemiterio e unha ámplia explanada para a romería que é moi concurrida.
Estado de conservación: Bo.
Descripción: De planta rectangular co corpo posterior máis elevada. Campanario central de dous corpos con base mensulada e cúpula octogonal nervada. Fachada limpa con porta central e falsas columnas.
Cruceiro da Igrexa Parroquial de San Breixo. Localízase no atrio da igrexa, a un lado da fachada desta, na explanada mellorada fai pouco.
