”Chamámonos ‘105 besos’ porque é o número de bicos que calculamos que repartimos despois dunha estrea. Vicky [Estévez] dá 100 e eu os outros cinco”, bromea Tito Montes.
”Os dous levabamos moito tempo no mundo do teatro, traballando noutras
compañías”, explican. ”Pero chegou un punto no que decidimos que queriamos facer máis cousas, medrar como actores e apostar por outro tipo de teatro”. Así que montaron exactamente hai un ano ‘105 besos’, coa que queren moverse polo circuito afeccionado, ”aínda que nos consideramos profesionais”.
”En realidad son auténticos profesionales, pero no tienen su ego”, bromea con
eles o músico Nando López. El é o autor da música de ‘Dos en la cornisa’. ”Nos encontramos en un bar, alrededor de una cerveza, que es donde se encuentra casi siempre la gente”, explica. ”Ahí fue que empezamos a hablar de la posibilidad de hacer un montaje de teatro con música en vivo”. A idea faise agora realidade porque a primeira obra que saca adiante ‘105 besos’ conta coa interpretación da música en directo por parte dun grupo montado por Nando López para a ocasión, La Tramoya. ”Son a nosa banda oficial”, sentenza Vicky Estévez.
