Muller, Xamais Permitas…
Xamais permitas que algún home che escravice, ti naciches para amar e non para ser escrava.
Xamais permitas que o teu corazón sufra en nome do amor, amar é un acto de felicidade, porqué sufrir?.
Xamais permitas que os teus ollos derramen bágoas por alguén que nunca te fará rir.
Xamais permitas que o teu corpo sexa usado, sabes que o teu corpo é a morada do espírito, entón, mantenlo apreciado!.
Xamais permitas quedarche horas esperando por alguén que nunca virá, así cho teña prometido!.
Xamais permitas que o teu nome sexa pronunciado en van por un home, que nin se sabe se ten nome.
Xamais permitas que o teu tempo sexa desperdiciado por alguén que nunca terá tempo para ti.
Xamais permitas escoitar berros nos teus oídos, o amor é o único que pode falar máis alto!.
Xamais permitas que paixóns desenfreadas te saquen dun mundo real para outro que nunca existiu.
Xamais permitas que os outros sonos se mesturen aos teus facéndoos xirar nun gran pesadelo.
Xamais confíes que alguén poida volver, cando nunca estivo presente!.
Xamais permitas prestar o teu útero para xerar un fillo que nunca terá un pai.
Xamais permitas vivir na dependencia dun home facendo crer que ti naciches inválida.
Xamais permitas que quedes linda e marabillosa, para esperar un home que non ten ollos para admirarche!.
Xamais permitas que os teus pés camiñen en dirección dun home, que só vive fuxindo de ti!.
Xamais permitas que a dor, que a tristura, que a soidade, que o odio, que o resentimento, que os celos, que o rancor e todo que poida sacar o brillo dos teus ollos; facendo debilitar a forza que existe dentro de ti.
Xamais te permitas perder a túa dignidade de ser… Muller!.
“Home… cóidate moito de facer chorar unha muller, pois, Deus conta as súas bágoas!.
A muller saíu da túa costela, non dos teus pés para ser pisada, nin da túa cabeza para ser superior; senón do lado para ser igual… Debaixo do teu brazo para ser protexida e ao lado do teu corazón para ser amada. “…

