Visita de funcionarios da Unión Europea a Comunidade de Montes de Curro.(Exemplo a seguir).

Visita de funcionarios da Unión Europea. O pasado mércores, recibimos a visita de tres funcionarios da Unión Europea (Polaco, Francés e Español). Primeiramente, realizouse unha visita ao noso monte, e comprobar os traballos realizados no ano 2009, financiadas con Fondos FEDER. Posteriormente, quixeron coñecer tanto as nosas instalacións, como realizar unha entrevista de máis de 30 minutos para coñecer os máis pequenos detalles do funcionamento da entidade. Para esta Comunidade, é todo un orgullo seres un referente ante Europa, e esperamos que sirva para dar a coñecer mellor a realidade das Comunidades de Montes Veciñais.

Deixar un comentario