O CEIP Amor Ruibal sumase a vintena de proxectos de Voz Natura para este curso

Unha vintena de colexios, asociacións e entidades da comarca de Pontevedra participan este curso 2011-2012 no programa Voz. As reforestacións son o eixo principal das actividades a desenvolver. A Asociación Cultural Andarela de Nantes (Sanxenxo), a Asociación Tambre de Pontevedra, o Centro de Educación Especial Juan XIII, o colectivo ecoloxista Vaipolorío, son algúns dos participantes. Tamén se aprobaron proxectos dos colexios da Lama, Amor Ruibal de Barro, Torre-Cela de Bueu, o de Portonovo, o de Tenorio-Cotobade, Magaláns-Dorrón, Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, o de Chancelas, Riomaior-Vilaboa, Sacro Corazón de Praceres, Domingo Fontán de Portas, Dalila de Marín, Os Salgueiros, e Concepción Crespo Rivas de Pontevedra, ademais de Instituto de Secundaria A Xunqueira I.

O programa Voz Natura é unha iniciativa da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, co patrocinio das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, a Deputación da Coruña, Cabreiroá, Sogarisa e Bricor.

Voz Natura é un programa de educación ambiental posto en marcha
pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

Deixar un comentario