O Pleno do Concello de Barro en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de novembro de 2011, aprobou inicialmente a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos facultativos que se presten nas obras municipais.
De conformidade co establecido no art. 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese a información pública a ordenanza e o expediente tramitado durante un prazo de 30 días hábiles, contados a partires do seguinte á publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia e dentro deste prazo os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
No suposto de que non se presentasen reclamacóns ó expediente no prazo anteriormente indicado, entenderase definitivamente adoptado o acordo, hasta entonces provisional, en base ó artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.