Achéganse as eleccións 20-N e, dende aquí, queremos mandar unha mensaxe
de tranquilidade para os 2.300 amigos do facebook máis interesados pola política.
Este artigo vai dirixido sobre todo aos amigos que empezaron a seguir este blog logo das eleccións municipais e non viviron o debate que se formou cos comentarios expostos no muro de Novas de Barro, onde certos perfís falsos e outros que non o eran, increpáronse, entre uns e outros, insultos e outros termos que podemos, ou non, consideralos como tales.
A historia é que ao final isto rematou nunha denuncia por parte dun militante do PP de Barro, o cal se sentiu moi molesto polos comentarios dirixidos cara á súa persoa e partido político que defende, ou quen sabe, tal vez buscaba protagonismo ou saturar máis os nosos xulgados, que certo é que teñen casos máis importantes que resolver. Non sei, cada un que se faga a súa propia idea.
Pola nosa banda, o que se fixo foi eliminar eses perfís falsos e outros que, aínda que non o eran, si ían ao falso quentando ao persoal. O problema íase solucionando sobre a marcha grazas á colaboración de moitos de vós que íades informando de comentarios que non eran correctos e sobre todo, respectando a liberdade de expresión.
Aquí quédavos a denuncia para que deixedes constancia da vosa opinión. Maila que os datos persoais están borrados, por iso da protección de datos, seguro que a maioría de vós sabedes de quen se trata.
A esta denuncia habería que engadir a declaración ante a garda civil dun colaborador desta páxina e na que se engaden outros perfís falsos que o denunciante obviou, ou esqueceu nomear, e que tamén participaban activamente neses acalorados debates.
Con isto queremos recalcar que cada un se faga responsable dos seus comentarios, e tende coidado a quenes van dirixidos, porque persoalmente creo que certos politiquillos creen que vivimos nunha dictadura, e de non ser así, estou case seguro de que lles gustaría.
