O PP, ao que se lle enche a boca decindo que non vai “fritir” a impostos á xente,
ven de aprobar, co único voto en contra do BNG, unha suba desproporcionada dos impostos en Barro.
Así, increméntase un 30% o IVTM (imposto de circulación) e un 1000% a taxa de recollida de lixo. Taxa que vai dos 60 euros para as vivendas até os 600 euros para algunhas empresas.
O BNG está de acordo en que os servizos deben pagarse através de taxas. O que non estamos de acordo é cunha suba destas características sen que exista ningún estudo económico que a xustifique.
PREGUNTADELLE AO SECRETARIO DO CONCELLO CANTO CUSTA O SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO. SE SABEMOS O QUE SE PAGA E SABEMOS O QUE CUSTA VELAÍ TENDES A DIFERENCIA. EU PREGUNTEI E PARA CUBRILO SERVIZO HABERIA QUE PAGAR POR VIVENDA MAIS DE 90 EUROS AO ANO.
POR OUTRO LADO O COMENTARIO DA SRA.ROCIO TOURIÑO, XA QUE NON VIVE EN BARRO QUE VIVE EN CALDAS, PREGUNTADELLE CANTO LLE COBRAN ALI POLOS COCHES E POLA BASURA. IGUAL NOS ALEGRAMOS DE VIVIR EN BARRO.