O goberno do concello de Barro aprobou por maioria (non por unanimidade) a subida de impostos para os veciños, esto ven sendo da seguinte maneira, o recibo do lixo que era de 6 euros pasa a ser de 60 euros (para os particulares) e os comercios pagarán entre 300 e 600 dependendo da actividade, tamén subiu o imposto de vehículos, por exemplo; o coche que antes pagaba 72 euros agora pasará a pagar
mais de 90, e decir o alcalde de Barro (e os do PP) aprobaron unha subida do 900 %.

estamos falando dunha subida de pasar de 6 euros o ano a 60 euros, cousa que tampouco me parece tan grave xa que e algo que deberia haberse feito hay tempo, o que non vexo loxico e que se esperase tanto e que non se dixese nada en canto foron as eleccions por medo a perder votos agora que o da subida pareceme razoable
Que nun concello pequeno como Barro se pague casi tanto de recollida de lixo como Vigo, que ten máis de 400.000 habitantes, non é só grave senón aberrante. Moraña, que ten máis habitantes que Barro, está pagando sobre uns 20 euros anuais.
Era visto que ía pasar algo así. O raro é que non houbera pasado antes, pois é unha das fontes de ingreso das que dispón o Concello, e por tanto, unhas das maneiras de ingresar máis cartos e podelos invertir para obras “básicas” ou gastos “básicos”. O que sí que ten narices é que nos comicios locais abogase o partido actualmente no poder de difamar e divulgar que o BNG(partido por entón e na actualidade na oposición) ía subirlle os impostos ós veciños para agora facelo eles…hai unhas marxes tamén, creo eu…pero en fin, estanos ben. Así nos vai e así nos irá…menos mal que ven Rajoy para sacarnos da crise e levantar o país…