A nova presentación do proxecto da PO-531: unha burla aos veciños e veciñas

O Portavoz municipal do BNG no concello de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes vén de calificar como unha burla aos veciños e veciñas a nova presentación do proxecto da PO-531 por parte dos responsábeis da Xunta e do concello de Barro.

Compre lembrar que cando se producíu o cambio de goberno na Xunta, xa se chegara a un acordo sobre o trazado do proxecto de reforma da PO-531 entre a anterior consellaría e a Plataforma de Afectados.

Desde que o PP accedeu á Xunta o único que se fixo foi dilatar no tempo a presentación do proxecto modificado para, desa maneira, non ter que investir cartos no inicio das obras.

Nos dous anos e medio que leva o PP gobernando na Xunta, levamos escoitado periodicamente anuncios de que xa ía estar o proxecto e de que ían comezar as obras. Lembremos, por poñer só uns exemplos, que en xaneiro de 2010 a Xunta se comprometeu a licitar a obra no prazo dun ano, que en  xuño dese mesmo ano o sr. Tourís presentou o proxecto aos veciños, e que en xuño de 2011 anunciou que as obras comezarán ese mesmo ano.

Despois da reunión mantida no día de onte, onde os representantes da Xunta e o concello lle presentaron á Plafaforma de afectados o mesmo proxecto de fai ano e medio, segundo declaracións do Presidente da Plataforma, sen compremeterse a ningunha data para o inicio das obras, só se pode considerar dita reunión unha tomadura de pelo á cidadanía unha foto electoralista e dunha falta total de seriedade.

O BNG esixe a inmediata execución das obras, tanto da PO-531 como a urbanización do treito entre a Igrexa e a entrada ao polígono, xa que o que máis nos preocupa, ao igual que aos veciños e veciñas, é a inseguridade que representa o estado de ditas estradas tanto para a circulación de vehículos como para o tránsito de peóns.

Deixar un comentario