Queixas dos veciños pola feira do Domingo

A comunidade de Propietarios do Edificio A Crega, cos números 1, 3, 5 e 7 da Rúa As Baladas, acordou, na súa última reunión de propietarios, remitirlle un escrito ao Concello para que non permitan que os postos da feira se poñan diante da entrada de acceso ao garaxe.

Na citada reunión os propietarios relataron, por unha banda, que xa están fartos de que cando se fai a feira se permita poñer os postos xusto na porta do garaxe impedindo o acceso ao mesmo e, por outra, que xa está ben de que os responsables do alumeado público, en días de festas, atornillen as luces da rúa á fachada do edificio, sen nin tan sequera pedir permiso á Comunidade, solicitándolles que se fagan responsables dos problemas que os devanditos buracos poidan ocasionar nun futuro á Comunidade.

Outros artigos relacionados coa feira:

DOMINGO DE FEIRA

A feira de Barro provoca importantes retencións na N-550

Deixar un comentario