Manuel Corredoira «O importante é que continúen as obras coa mellora da PO-531

Os veciños afectados polas obras saúdan o seu avance, pero urxen a reforma da estrada PO-531 precisamente entre o macronudo de Curro e Pontevedra.

-¿Como é a convivencia diaria coas obras?

-Un pouco conflitiva, de momento, porque a obra non está totalmente terminada e é lóxico que se sufran este tipo de problemas. O importante é que se finalice. Agora mesmo estamos a facer uso dunha estrada que non é a que vai funcionar no futuro.

-¿Que problemas presenta esta obra?

-O tránsito é agora moi lento, porque o tráfico ten que pasar polo medio do pobo.

-¿Axústase ao pactado?

-Así é como queriamos nós. Ao principio había algúns núcleos de poboación que quedaban sen acceso ás vías que enlazan no macronudo. Iso está resolto. O importante é que continúen as obras coa mellora da PO-531. Agora tócanos esixir que se realice canto antes.

Deixar un comentario