Coche abandoado na Rua das Baladas

O pasado día 17 publicouse no BOP o Edicto sobre o escrito presentado  pola Comunidade de Propietarios General dos edificios 9,11 e 13 da Rúa As Baladas, no que se pon de manifesto entre outros que se atopa un vehículo marca Mercedes Benz modelo E con síntomas de evidente estado de abandono en fronte do edificio sito en Rúa As Baladas núm. 13.

Que o vial no que si situaba o vehículo é de titularidade municipal sendo competencia do Concello a realización das obras necesarias para o mantemento do vial en condicións de uso e seguridade axeitadas.

O vehículo permanece aparcado como mínimo mais de dous meses seguidos sen que conste que fose utilizado polo seu propietario e con evidentes signos de abandono.

Un vehículo cando permaneza estacionado por un período superior a un mes no mesmo lugar e presente desperfectos que fagan imposible o desprazamento polos seus propios medios. Neste suposto terá o tratamento de residuo sólido urbano de acordo coa normativa ambiental correspondente. Igualmente son considerados abandonados aqueles vehículos que, aínda tendo signos de abandono, manteñan as placas de matriculación ou dispoñan de calquera signo ou marca visible que permita a identificación do seu titular o Concello poderá proceder, mediante execución subsidiaria, á retirada do vehículo sendo por conta do interesado os gastos que se orixinen

bop.PONTEVEDRA.20111017.199

 

Deixar un comentario