En materia de abastecemento de augas, o Plan Hidrolóxico descarga a maior parte das actuacións no proxecto estatal de
Acuanorte para mellorar a rede de Pontevedra, Poio e Sanxenxo, pero si establece propostas propias en Paredes (Vilaboa), en Caldas, cunha nova captación e depósito, en Cotobade e Portas e, finalmente no polígono de Barro-Meis, que necesita preto de tres millóns de euros para a primeira fase dunha rede de abastecemento que forneza auga ás empresas que se implanten neses terreos.
En materia de inundacións non se expón actuación algunha, pese ao risco que si admite na desembocadura do Lérez, cun 4,15% de ocupación das súas marxes, e noutros tramos do río, modificado por “diques de encanamento”, cun 30,41% de alteración das súas marxes.