Desvalixan unha vivenda no Santo Antoniño

O obxectivo dos ladróns foi un piso situado no núcleo de Santo Antoniño, na parroquia de Perdecanai. Segundo transcendeu, o roubo produciuse esta semana e o propietario do inmoble presentou a denuncia no cuartel da Garda Civil de Caldas.
Ao parecer, os cacos accederon á vivenda pola mañá aproveitando que nese momento non había ninguén no interior. Para entrar forzaron a porta da vivenda e una vez dentro desvalixarón o piso.
Sen Policía Local
A Garda Civil abriu unha investigación para intentar localizar aos autores deste roubo perpetrado no Santo Antoniño, en Perdecanai. Este suceso, sumado aos ocurridos recentemente, causou preocupación entre os veciños do municipio. Barro é un concello de pouco máis de tres mil habitantes que non dispón de Policía Local nin de posto da Garda Civil. Só hai Protección Civil.

Outros roubos en Barro, preme aqui.

Deixar un comentario