Outro acidente no cruzamento da Rúa Areal

Onte aconteceu outro acidente  entre dous vehículos no cruzamento da rúa Areal, ao mesmo acudiron dúas ambulancias do 061 para atender aos feridos.

Cruzamento polémico.

Neste cruzamento é habitual que suceda algún incidente debido ao perigo que supón a incorporación á devandita rúa dende a N-550 direccion Santiago.

Dende hai anos, o BNG, ven denunciando as caraterísticas tan perigosas deste cruzamento por mor da alta siniestralidade do mesmo,  no que hai uns meses o Concello procedeu a comezar unhas obras de ampliación do vial coa finalidade de solucionar este punto negro, e que, desafortunadmente, a día de hoxe, atópanse paradas.

Confiamos en que pronto se retomen para evitar casos como os acontecidos e outros máis graves que puidesen acontecer.

Aquí vos queda a nova publicada no pasado mes de febreiro, tanto neste Blog como na Voz De Galicia, referíndose ao polémico cruce.

O BNG reclama medidas para os problemas de tráfico no centro de Barro.

O BNG de Barro afirmou onte que os problemas de tráfico no núcleo urbano de San Antoniño teñen a súa orixe no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O portavoz municipal dos nacionalistas, Xosé Manuel Fernández Abraldes, sinalou que o PP non tivo en conta no seu día os contratempos que carrexaría construír o núcleo urbano a ambos os dous lados da estrada N-550 «sen deseñar accesos seguros ás distintas rúas, tanto para peóns como para vehículos».

O Bloque recordou que fai máis dun ano o pleno aprobou unha moción na que se propuña a construción dunha rotonda no lateral da N-550, na rúa que baixa ao tanatorio. Por iso, responsabilizou ao Concello e a Fomento de posibles accidentes.

Foto de Lorena Gonzalez

Deixar un comentario