Os turistas puxéronse en ruta… xacobea. Os sete albergues que conforman as
paradas do Camiño Portugués a Santiago reveláronse como un polo de atracción fixa na provincia. O Observatorio Turístico das Rías Baixas, que acaba de publicar os
datos correspondentes ao terceiro trimestre do ano, constata unha crecente utilización dos centros da provincia que serven de parada no camiño aos peregrinos.
Tui, Porriño, Mos, Redondela, Pontevedra, Barro e Valla manteñen o tirón do ano santo. Máis de cento setenta usuarios ao día de media e unhas cifras que colocan ao de Pontevedra como o máis utilizado dos sete, con 4.524 usuarios no terceiro trimestre do ano.
Pero hai un perfil máis cómodo de turista. E cada vez máis común. Pontevedra copa case a metade dos visitantes que elixen chegar á provincia en autobús. De feito, as cifras sitúanse á vez que as de Vigo. Durante este terceiro trimestre do ano, 17.887 pasaxeiros baixaron dun autocar para coñecer a provincia, fronte aos 15.740 pasaxeiros que o fixeron no terceiro trimestre do 2010, o que supón un aumento de 2.147 viaxeiros. Un 50.65 % do total fixérono á terminal de Vigo. O 49,34% restante, o que supón 8.826, fixérono á terminal de Pontevedra.