Moito calor, devoción e unha enorme multitude de asistentes. Eses foron algúns
dos ingredientes principais da festa de San Breixo, celebrada onte no municipio de Barro. Aínda que moitos optaron por aproveitar as boas temperaturas para
desprazarse ata as praias, a tradición puido máis no caso dos miles de persoas que acudiron á romaría ao longo da xornada.
Segundo indicou Protección Civil de Barro, o número de asistentes triplicou ao do ano pasado, sobre todo durante os momentos centrais do día, como a misa solemne das 12.30 horas, a procesión tradicional e os oficios relixiosos da tarde.
A pesar da calor e da multitude, a agrupación de urxencias municipal tan só tivo que atender a unha muller que se desvaneceu e foi trasladada nunha ambulancia do 061 ata un centro sanitario.
(Máis información na nosa edición impresa do luns, 3 de outubro)