A Policía Nacional interceptou aos dous galegos nun BMW na AP-9 na peaxe de Curro. Despois de efectuar un rexistro no
interior do vehículo, os axentes localizaron unha bolsa que contiña case 7 quilos cannabis.
Os acusados deberán abonar multas que suman un total de 362.000 euros. O fiscal rebaixou a pena que solicitaba inicialmente –que nun dos casos era de 13 anos de prisión– a consecuencia da Reforma do Código Penal e ao aplicar a atenuante de dilacións indebidas.