A Policía Nacional mobilizou en cuestión de minutos á Local e á Garda Civil, que
enseguida comezaron a peitear a cidade para intentar localizar á desaparecida. Os axentes despregáronse con rapidez por contornas como o lago de Castiñeiras, o poboado do Vao ou o espazo natural que forma a fervenza do río Barosa, no veciño municipio de Barro. Ao mesmo tempo, membros da unidade da Policía Científica desprazáronse ao piso para unha primeira inspección ocular. E niso estaban cando a propia M. D. G. G. chegou a casa e puxo fin ás horas de incerteza.