Onte, ás 14:45 horas, tivo lugar unha colisión na rotonda do tanatorio.
Segundo testigos presenciais, un automóvil de cor azul circulaba pola recta paralela ó tanatorio (intre no que había un velatorio) a grande velocidade en sentido á rotonda, onde ó chegar á mesma fixo un trompo, colidindo cunha furgoneta marca Ford Transit de tres subsaharianos, que nese intre atopábanse cambiando a roda dereita da parte dianteira.
A colisión do coche foi contra esquina traseira esquerda da furgoneta, a cal foi desprazada uns poucos metros, de xeito que o coche causante do incidente, acto seguido, deuse á fuga. As tres persoas que estaban coa avaría da furgoneta na parte contraria, por sorte, saíron ilesas do golpe.
Pasados uns intres fixo acto de presenza a Garda Civil de Tráfico, que levou a cabo unha primeira inspección ocular dos feitos, tomando datos e recopilando restos da colisión.
Unha vez que os membros do instituto armado abandoaron a zoa, o coche causante da colisión volveu, con dous individuos, ao lugar do sinistro.
De contado volveu a personarse a Garda Civil para levanta-lo atestado.
Nos últimos meses detetáronse varios vehículos circulando a grande velocidade por esta vía. Sería bo que as autoridades locais levasen a cabo unha serie de medidas para que casos como estes non volten a ocorrer, xa que agora contamos cun parque que está sempre ateigado de rapaces.
