Unha vintena de colexios, asociacións e entidades da comarca de Pontevedra
participan este curso 2011-2012 no programa ambiental Voz Natura, que promove a Fundación Santiago Rei Fernández Latorre. As reforestacións serán o eixo principal das actividades a desenvolver polos escolares nesta décimo quinta edición, sen esquecer outros proxectos de acción directa sobre o medio natural galego.
A Asociación Cultural Andarela de Nantes (Sanxenxo), a Asociación Tambre de Pontevedra, o Centro de Educación Especial Juan XIII, o colectivo ecoloxista Vaipolorío e os colexios da Lama, Amor Ruibal de Barro, Torre-Cela de Bueu, o de Portonovo, o de Tenorio-Cotobade, Magaláns-Dorrón, Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, o de Chancelas, Riomaior-Vilaboa, Sacro Corazón de Praceres, Domingo Fontán de Portas, Dalila de Marín, Os Salgueiros, e Concepción Crespo Rivas de Pontevedra, ademais de Instituto de Secundaria A Xunqueira I, completan a lista de participantes da comarca.
Os proxectos que desenvolverán teñen como nexo común asumir responsabilidades no coidado e a conservación da natureza. A Asociación Cultural Andarela de Nantes pretende, por exemplo, recuperar as herbas de San Juan no municipio de Sanxenxo, implicando aos alumnos dos sete colexios públicos do Concello na plantación e coidado dos sementeiros para trasplantarlos despois en terreos previamente preparados.
O CEIP Amor Ruibal de Barro celebrarán o Día do Troco (educación en consumo sostible) e crearán un sementeiro de árbores froiteiras. Os alumnos de XOÁN XXIII traballarán na reforestación dunha zona do río Almofrei, onde xa se están desenvolvendo accións de restauración. E os do CEIP da Lama seguirán actuando na zona do río Verdugo e desenvolvendo un programa de concienciación sobre o grave problema que representan para o monte os incendios forestais.
Gracias polo voso apoio. Estamos convencidos que, como sempre, os centros da comarca van facer un excelente traballo medioambiental.
Amigos de Barro, alá vamos!!!!!!!!
Equipo Voz Natura
http://www.facebook.com/voznatura