A Xunta relanza a demanda a Fomento da A-57 e a circunvalación a dous meses do 20-N

A circunvalación de Pontevedra, a cargo do Ministerio de Fomento, é unha vella reivindicación municipal, que rexistrou numerosos trazados e propostas ao longo dos anos. O último deseño cruzaba desde Vilaboa cara ao norte parroquias como Tomeza, Marcón (onde establecía unha conexión coa estrada de Ponte Caldelas), Bora e Xeve, pero morría nada máis cruzar o río Lérez na estrada de Campo Lameiro, sen continuidade segura cara ao Norte, a pesar de que si se encargou no seu día un estudo informativo de prolongación ata o nó da AP-9 en Curro (Barro).

MAIS INFORMACIÓN, PREME AQUI.

Deixar un comentario