As obras do parque da Barosa estarán terminadas nun prazo de tres meses

O arquitecto Anselmo Villanueva e o arquitecto de interiores Javier Miguel Ferradás forman desde hai un ano o grupo Avam Arquitectura e son os gañadores do concurso de ideas convocado polo Concello de Barro para a restauración e rehabilitación dos muíños da ría de Abaixo do parque da Barosa. UTE Barosa será a encargada da explotación hostaleira dos muíños unha vez que se terminen as obras, nun prazo aproximado de tres meses.

O proxecto de Villanueva e Ferradás baséase na integración dos espazos respecto á contorna, pero, a gran característica destas obras é que, será accesible para minusválidos, dando resposta así aos requirimentos de UTE Barosa.

Deixar un comentario