A Xunta inclúe Barro nos concellos da bisbarra con risco de posibles inundacións

Dez municipios da bisbarra figuran no plan preliminar de riscos de inundacións na conta de Galicia-costa, un documento que elabora Augas de Galicia e que ten un período de tres meses de exposición e información ao público. Os dez municipios que, en maior ou menos medida, foron incorporados a esta documentación son Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Caldas de Reis, Cuntis, Portas, Barro, Vilaboa e ponte Caldelas. Na maior parte dos casos trátase de inundacións potenciais por enchentes de ríos e regueiros.                     En Barro citase o  Rego da Maquieira eo río Agra.                                  

Augas de Galicia aclarou que todas estas zonas potencialmente inundables forman parte dunha “avaliación preliminar”, dentro dunha primeira fase de traballos determinados por unha Directiva Europea de “avaliación e xestión dos riscos de inundación”, unha norma que establece os “novos instrumentos para reducir as posibles consecuencias” destes fenómenos. Tras o actual proceso de exposición ao público e as achegas dos “usuarios da auga”, a Xuntaenviará o texto definitivo á Comisión Europea e determinará as zonas onde será preciso acometer as seguintes fases” previstas. Entre elas figuran os traballos de definición de mapas de perigosidade de inundacións e de risco de enchentes, para os que son necesarios análise de detalla nas zonas cun risco alto, aínda pendente.      

A información que se manexa na actualidade procede dos incidentes acontecidos historicamente, cos episodios de 2006 como os máis graves dos últimos anos.
En Barro recórdase un “forte temporal os días 26 e 27 de decembro de 1978 con graves inundacións, numerosas estradas cortadas e grandes zonas illadas” e mesmo “houbo unha vítima en Portas, arrastrada polas augas do río Chain.

Deixar un comentario