A vendima

A vendima é a acción de recoller a uva  para colleitala coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do no na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, habitualmente no mes de setembro, pero non é igual en tódalas rexións.  A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da lua para decidir a data da vendima.

Refraneiro

  • O que non bima, non vindima.
  • O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña.
  • Onde allos ha, viño haberá.
  • Quen co demo cava a viña, co demo a vindima.
  • O viño alegra o ollo e quenta o corpo.
  • O viño branco e a muller ao primeiro mercader.
  • O viño chispeiro non necesita pregoeiro.
  • O viño das cepas vellas quenta as orellas.
  • O viño de abril non vai ó funil.
  • O viño do Avia, ten forza, esprito e labia.
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro.
  • Cantigueiro

    • Antoniño, graxo de uvas,/ vámoste depinicar,/ eres amigo das mozas,/ túa nai vaite matar.
    • Anque son daló d’arriba,/ anque son da Carrasqueira,/ tamén sei beber o viño/ como os guapos da ribeira.
    • Anque somos da montaña/ criados na carrasqueira,/ sabemos bebe-lo viño/ como os guapos da ribeira.
    • Catro cartos para pan,/ tres e medio para viño,/ un carto para tabaco,/ alá vai un realiño.
    • Miña nai mandoume á herba/ ¡váiase á merda o fouciño!/ Ben me podía mandar/ furar a pipa do viño.
    • Moito me doi a cabeza/ que me quer cair ó chan;/ daime unha pinga de viño/ que ela me irá tendo man.
    • O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

Deixar un comentario