Imputan unha veciña de Valga como presunta autora dun incendio forestal en Valiñas

Funcionarios pertencentes á Xefatura Provincial de Pontevedra da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia imputaron unha muller, veciña de Valga, como presunta autora dun incendio forestal.O lume que se lle imputa rexistrouse o pasado día 21 de agosto no lugar de Vilar, na parroquia de Valiñas, e afectou a unha superficie aproximada de 200 metros de monte arborado.A causa das chamas, correron perigo vivendas próximas e foi necesaria a intervención dos servizos de extinción de incendios da Xunta.

Segundo as investigacións da Policía Autonómica, o lume foi intencionado. Por estes feitos, instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primera Instancia e Instrución en funcións de gorida de Caldas de Reis.

Deixar un comentario