A VOLTA PASA POR BARRO

Mañá xoves non será o mellor día para conducir na comarca de Pontevedra. Aqueles obrigados a empregar o seu vehículo atoparanse restricións en distintos puntos dende Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meis e Barro polo paso da Volta Ciclista a España, que terá a Pontevedra como meta da duodécima etapa.
Esta consta de 163,3 quilómetros e partirá de Ponteareas.

Tras percorrer distintas localidades da provincia, a caravana fará a súa primeira entrada na cidade de Lérez ao redor das 16 horas, que a levará ao Concello de Barro pola parroquia de Curro e o abandonará tralo seu paso pola parroquia da Portela (San Martin, ITV).
O segundo paso da caravana por Pontevedra será xa para encarar a recta de meta, que estará situada na rúa Loureiro Crespo.  A organización estima que os cilistas farán a súa entrada na cidade ao redor das 17,24 horas, que se poderá ampliar ata as 17,50 horas.
Os operativos de tráfico afectarán a miles de veciños de Pontevedra, ata que finalice a proba e, nalgúns casos, ata que se desmonten infraestruturas da Volta.
A Policía Local de Pontevedra habilitou un teléfono (986 83 30 80) no que os veciños poden demandar información puntual sobre o seu caso en concreto: restricións, vías de saída etc.

http://www.lavuelta.com/

Deixar un comentario