Ferida grave unha muller en Barro nunha colisión entre tres vehículos

Unha muller de 46 anos, D.P.O.R., resultou onte ferida grave nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada que enlaza Pontevedra con Vilagarcía (PO-531)ao seu paso polo municipio de Barro. Segundo indicou o servizo de urxencias de Galicia 112, o suceso ocorreu ás 8.15 horas nas inmediacións da inspección técnica de vehículos (ITV) de Curro e víronse implicados tres vehículos.

Desde a central de coordinación mobilizouse aos Bombeiros de Pontevedra para que excarcerasen á vítima, que quedou atrapada, e a Urxencias Sanitarias. A muller foi evacuada ao hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, onde onte permanecía ingresada en planta con policontusiones.

Deixar un comentario