O Carballo da Portela faise co II Torneo das festas de Curro

O equipo de veteranos, O carballo da Portela, fíxose co II torneo das festas de Curro, no que participaron o Barro e o Terras de Curro, actual campión de liga da 6ª división. Os partidos, de 45 minutos de duración, xogáronse no campo de San Breixo a os que asistiu numeroso público.

Ao remate do torneo procedeuse ao sorteo dun vale mensual de perruquería, dunha noite de hotel e dun masaxe a catro mans.

O Carballo da Portela para celebrar a vitoria e a súa nova andaina na liga de veteranos, celebrouno na Casa Cultural da Portela, cunha churrascada organizada pola Xunta de Montes, a cal estaban convidados os veciños da Portela que quixeran acudir.

Dende aquí  desexamos boa sorte a tódolos equipos de veteranos, e doutras categorías, deste Concello.

 

Deixar un comentario