A posición da consellería sobre as peaxes podería facilitar así mesmo a vella aspiración do Concello de abrir un novo nó ao norte da cidade (nas proximidades do periférico de Campañó) para desatascar A Barca. Medio Ambiente ten en marcha un estudo para ver a posibilidade de liberar a AP-9 desde Curro (Barro) ata Vigo a cambio de facer de peaxe a futura autovía interior A-57 e a autovía A-59 Pontevedra-Vigo. De callar esta operación, que en Santiago séguese considerando viable, a supresión do tramo de peaxe da autoestrada Pontevedra-Curro suporía a desaparición dun dos principais obstáculos para construír o novo nó: a necesidade de modificar a concesión na AP-9.
