Igrexa e cruceiro de Valiñas

Valiñas é unha das máis pequenas das parroquias do Concello de Barro. Con tan só 3,92 Km ocupa os lugares de Castro, Esquiza, o Illó, Ortigueira, o Piñeiro, Valiñas e o Villar.

O 30 de novembro, celebra o Santo André, patrón da parroquia.

Entre os bens culturais o cruceiro das fotos encontrase no camiño que leva cara á igrexa, e do ano 1671, trátase do cruceiro máis vello de todo Barro.

Deixar un comentario