Silvia Rivas non naceu enriba dunha moto, pero case. Dende moi nena desenvolveuse como pez
na auga entre os motores e as dúas rodas grazas, fundamentalmente, á grande afección do seu pai por este deporte. Como non podía ser doutro modo, esa inquietude finalmente desembocou na competición, primeiro en ámbito autonómico e posteriormente a nivel nacional e internacional.Abel e Moisés Bernárdez, Ricardo Costas ou Adrián Garrido formaron parte dos piares fundamentais da carreira deportiva desta galega de 15 anos. Os seus consellos e adestramentos foron moldeando pouco a pouco a técnica depurada e constante de Silvia, cuxa evolución dende os seus inicios no ano 2005 foi máis que evidente. Obrigada nun primeiro momento a competir nas categorías masculinas no ámbito autonómico por ausencia da modalidade de féminas, debeu ser no salto ao nivel nacional onde se encontre máis cómoda. Segundo as súas propias palabras, o seu corazón segue estando en Galicia, porque alí están os compañeiros que empezaron con ela dende nenos, pero o seu futuro a espera máis alá dun campionato onde só poida competir contra homes.