Os escultores Nando Álvarez, natural de Tomiño, e Francisco Rodríguez
Remiseiro, de Barro, participaron no segundo Simposio Internacional de Escultura en Madeira celebrado en Damasco, Siria. O berce da civilización europea, que vive convulsos días na actualidade, acolleu entre o 8 e o 18 de xullo esta reunión de artistas. O simposio contou coa participación de once escultores procedentes de sete países diferentes, que exporán as súas obras no Palacio da Ópera de Damasco e noutros edificios públicos. Nando Álvarez xa suma catro visitas a
encontros celebrados en Siria, polo que para el foi un acto «máis persoal ca profesional». Pola súa banda, Remiseiro visitaba por primeira vez esta «cidade emblemática» e recalcou o enriquecedor de «compartir distintos métodos de traballo e xeitos de pensar a escultura». Álvarez traballou nunha obra «de carácter figurativo e temática feminina», tal e como se estableceu no simposio como elemento común, mientra que Remiseiro retratou «unha actitude» cunha peza que mostra a unha muller espida empuñando un coitelo. Unha pequena peza de madeira que expresa: «Estou espida pero non indefensa».