Detida unha veciña de Barro por acoitelar á súa nai

A Garda Civil de Caldas de Reis detivo a S.J.O., de 28 anos de idade e veciña de Barro por un suposto delito de lesións con arma branca.

Sobre as 06.00 horas de onte, a Garda Civil tivo coñecemento dunha agresión nun docimilio de Barro, polo que inmediatamente unha patrulla do citado Posto trasládase ao lugar atopando a unha señora sentada na entrada do seu domicilio e manifestando que a súa filla lle agrediu cun coitelo e marchado da vivenda.

Ante a gravidade das feridas producidas consistentes en diversos cortes na caluga e brazo solicitouse unha ambulancia do 061 que lla trasladou ao hospital de Montecelo de Pontevedra, con prognóstico reservado.

Posteriormente se continuan coas xestións para a localización da agresora, sendo detida ás 23:00 horas de onte día 27.

A detida será posta a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS dos de Caldas de Reis.

Deixar un comentario