Hoxe pola mañá produciuse un accidente de tráfico entre unha cavadora e un camión, á altura de Casa Amelia.
O camión atopábase estacionado no arcén e a cavadora ao sobrepasalo bateu contra a defensa. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais para o veciño de Perdecanai que ía conducindo a cavadora.
