As obras de construción do chamado macroenlace de Curro entraron nos últimos días nunha nova fase, co inicio
dos labores de asfaltado en varios tramos, como o paso máis inferior. Onte mesmo, as máquinas empezaban a botar asfalto no que se adiviña xa como a plataforma do vial que conectará a Autovía do Salnés ou AG-4.1 cara a Sanxenxo, coa Autoestrada do Atlántico ou AP-9. Os traballos proseguen en varias frontes á vez, tamén coa colocación dos pasos elevados.
O propio conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzaba onte nunha visita ao veciño Concello de Barroque as actuacións no macronó se executan “a bo ritmo”, “dentro dásprevisións que manexabamos”. Por iso mesmo, dende a Conselleríamanteñen os mesmos cálculos de finalización para estas obras, previstas dende un principio para finais do próximo ano 2012.
Entón teranse investido os máis de 36 millóns de euros presupostados e terase construído un dos maiores enlaces de estradas de toda a bisbarra.
Terá tres niveis de altura, cunha rotonda central de máis de 200 metros de diámetro, e permitirá interconectar as citadas AP-9 e AG-4.1 coa estrada a Pontevedra PO-531, a futura Autovía Vilagarcía-Pontevedra (AG-47) e o polígono industrial de Barro-Meis.
Agustín Hernández indicou onte, ademais, que durante estes meses de verán continuarán realizándose desvíos e cortes de tráfico na zona, polo que volveu pedir compresión e prudencia aos condutores.