O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández visita o concello de Barro

En canto ao seu encontro co alcalde de Barro, José Antonio Landín, Agustín Hernández anuncioulle que na primeira quincena de agosto finalizarán as obras de acondicionamento das marxes do río Barosa, nas que se están investindo 700.000 euros. O proxecto completo concluirá en outubro, cando se construíron nesa zona unha ponte que substituirá ao actual camiño agrícola, e un miradoiro.

Ademais, Hernández asinou un convenio para construír un novo viario, alternativo á comunicación pola estrada N-550. Trátase dunha estrada de 1,2 quilómetros cara ao lugar de Valvón, que reducirá o tránsito rodado no núcleo urbano de San Antoniño. O viario discorrerá por un tramo do Camiño de Santiago, que cambiará o seu trazado, na súa conexión coa estrada Curro-Portela.

 

Deixar un comentario