O plan de desenvolvemento sostible prioriza a Central Agropecuaria

A versión preliminar do Plan de zona do Pontevedra Norte, na que se inclúen todos os municipios da zona excepto o de Cerdedo e Forcarei, que están na de Pontevedra Este, establece as primeiras directrices de cara a medidas que se poden levar a cabo dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014 que se está pondo en marcha.

Na análise recolle as actuacións susceptibles de ser declaradas de interese xeral e en toda a zona, que abarca tamén as comarcas de Caldas, O Salnés e o municipio de Barro, só inclúe dous. Unha delas e a que afecta integramente á comarca é a mellora de infraestruturas e servizos na Central Agropecuaria de Galicia, situada en Silleda. Asegura que estas accións «son necesarias ante un previsible incremento da actividade e asistencia gandeira ás súas instalacións». Sostén que as melloras que se deben levar a cabo son a ampliación e mellora dos peiraos de carga; equipamentos para mellorar os sistemas de control para a seguridade de persoas e animais (cabina de control de acceso, videocámaras, valado…); acondicionamento e equipamento de zonas para a mellora do control sanitario dos animais polos servizos veterinarios; construción da nave de acollida de gando menor; adaptación e equipamento da estación de lavado e desinfección de vehículos; e acondicionamento e mellora da estación de depuración de augas residuais.

MAIS INFORMACIÓN PREME AQUI.

Deixar un comentario